O teu traballo ten moito valor.
O meu cometido é que ese valor tamén se vexa.

Deseño editorial e comunicación visual para equipos universitarios. Documentos, presentacións, gráficos e webs de proxecto. En modo chave en man.

O problema

Hai un patrón que se repite no ámbito universitario.

O traballo é sólido. O contido está ben argumentado. O esforzo investido é real.

Pero cando chega o momento de presentalo — ante un comité, ante financiadores, nunha revista, nun informe institucional — a forma non sempre acompaña ao fondo.

Non porque ninguén se preocupe. Senón porque resolver ben a parte visual require tempo, criterio e ferramentas que non sempre están dispoñibles dentro do equipo.

O resultado é documentación que non proxecta o nivel do que representa.

O que fago

Traballo con investigadores, grupos de investigación e decanatos de universidades galegas na parte visual dos seus proxectos e a súa comunicación institucional.

Maquetación de documentos: Memorias, informes, artigos, documentación de convocatoria. PDF listo para enviar, axustado ás normas da publicación ou da convocatoria.

Deseño de presentacións: Para defender, para convencer, para comunicar. Que quen escoita siga o argumento sen esforzo.

Gráficos e infografías: Dos datos en bruto á figura lista para inserir. Con claridade, sen descifrar.

Web de proxecto: Funcional, actualizable e coherente co resto dos materiais. Lista cando a convocatoria a esixe.

Como traballo

Modo chave en man

Entregas o material en bruto. Recibes o resultado listo para usar. Sen complicarte, sen explicar o contexto desde cero, sen coordinarte con varios provedores.

Coñezo o ámbito universitario e entendo como funcionan as dinámicas e os prazos. Entro nun proxecto sen friccións.

O que recebes ao traballar comigo

Deseño ao servizo do contido

• Deseño sen ego, con foco no que o texto necesita comunicar

• Acompañamento real. Vou estar contigo en todas as fases, desde a recepción do texto até a supervisión en imprenta

• Respeto estricto dos prazos

Figuras e gráficos con datos e impacto

Traballo para que os teus datos transmitan información e emoción

• Figuras e gráficos estáticos e dinámicos

• Posibilidade de incluir os teus gráficos nunha presentación ou na tua web de forma dinámica

• Deseño de infografías e pósters complexos mostrando grande cantidade de información de forma ordenada e clara

Coordenación fluida e liviana

Teño un fluxo de traballo que minimiza o esforzo de coordenación na hora de implementar as correccións e axustes.

• Coordenación e concentración de comentarios nunha plataforma de xestión de proxectos

• Protocolo de corrección en pdf sincronizado

• Minimización de erros

• Control do proceso e descanso mental

Contratación por peza ou paquetes de tempo

Conto cun pequeno equipo de colaboradoras e colaboradores en:

• Fotografía

• Xestión en redes sociais

• Corrección editorial

Podo entregar proxectos completos, desde a idea ata o produto rematado.

Ou podes contratar paquetes de tempo. Contacta para máis información.

Para quen

→ Investigadores e grupos de investigación. Con necesidades visuais recorrentes: artigos, memorias de proxecto, presentacións para congresos ou defensa, gráficos de datos, webs de proxecto. [Ver como traballo con investigadores] (ligazón á landing de investigadores)

→ Decanatos e estruturas de facultade. Con necesidades de comunicación institucional: memorias, informes de acreditación, presentacións para órganos de goberno, materiais para xornadas. [Ver como traballo con facultades] (ligazón á landing de decanatos)

Traballo con profesionais e proxectos de:

  • Universidade de Vigo

  • Editoriais independentes

  • Departamentos culturais

  • Universidade de Santiago de Compostela

  • Grupos de investigación

  • Proxectos financiados a nivel autonómico e estatal

  • Equipos que necesitan claridade, fluidez e deseño continuado

Main Project Image
Main Project Image
Main Project Image
Main Project Image

Quen son

Son Ricardo Cabanelas, deseñador editorial e maquetador freelance. Levo anos (moitos) traballando con equipos de investigación, institucións públicas e produtoras culturais.

Se tes algunha dúvida ou consulta que facer sobre un proxecto futuro, contacta comigo via mail ou concerta unha cita en Calendly e falamos sen compromiso.

Create a free website with Framer, the website builder loved by startups, designers and agencies.