A imaxe gráfica do teu proxecto resolta e sen friccións.
Maquetación de documentos, presentacións, gráficos e webs de proxecto. Un único interlocutor. Entrega lista para usar.
O problema
Ocorre con máis frecuencia do que debería.
Unha memoria de proxecto ben argumentada que visualmente non entra con facilidade. Unha proposta excelente que a presentación non axuda a defendela. Unhas figuras que obrigan a descifrar antes de entender. Unha web de proxecto que esixe a convocatoria e que ningún membro do grupo ten tempo de montar.
O teu tempo é escaso e valioso. Para facer a investigación. Para a docencia. Para coordenarte coas persoas do equipo. Non para averiguar como funciona Photoshop ou unha IA terca que non fai o que se lle pide.
Para iso, estou eu.
O que fago
Traballo con persoas investigadoras e grupos de universidades galegas na parte visual dos seus proxectos.
Maquetación de documentos: Memorias, informes, artigos, documentación de convocatoria. PDF listo para enviar, axustado ás normas da publicación ou da convocatoria.
Deseño de presentacións: Para defender, para convencer, para comunicar. Que quen escoita siga o argumento sen esforzo.
Gráficos e infografías: Dos datos en bruto á figura lista para inserir. Con claridade, sen descifrar.
Web de proxecto: Funcional, actualizable e coherente co resto dos materiais. Lista cando a convocatoria a esixe.
Como traballo
Modo chave en man
Entregas o material en bruto. Recibes o resultado listo para usar. Sen complicarte, sen explicar o contexto desde cero, sen coordinarte con varios provedores.
Coñezo o ámbito universitario e entendo como funcionan as dinámicas e os prazos. Entro nun proxecto sen friccións.
Traballo con profesionais e proxectos de:
Universidade de Vigo
Editoriais independentes
Departamentos culturais
Universidade de Santiago de Compostela
Grupos de investigación
Proxectos financiados a nivel autonómico e estatal
Equipos que necesitan claridade, fluidez e deseño continuado




